O noitebus en Gondomar

Este xoves, o pleno municipal aprobou un servizo de autobuses noitebus de cara o seguinte verán, a liña comunicaría os concellos de Baiona e Gondomar.

Dende Esquerda Unida queremos amosar o noso apoio a esta decisión,xa que levamos tempo queixándonos sobre o abandono xuvenil en Gondomar. Sen dúbida que a realización do I foro de transporte de Esquerda Unida o pasado mes, foi parte importante para que o concello levara adiante as propostas que dende EU-Gondomar levanse tempo traballando, lembremos que a xente reclamou no I Foro de Transporte os seguintes puntos:

1.NOITEBÚS GONDOMAR-BAIONA.
2.INTERPARROQUIAL QUE CONECTE AS NOSAS PARROQUIAS CON GONDOMAR.
3.TRANSBORDO CUN BILLETE ÚNICO GONDOMAR-BAIONA,SEN NECESIDADE DE TER QUE PAGAR DOUS BILLETES, GONDOMAR-RAMALLOSA e RAMALLOSA-BAIONA.
4.UN CARRIL-BICI E UN SISTEMA DE ALUGUER DE BICICLETAS EN GONDOMAR.
5.CONTACTO CON TÓDALAS FORZAS POLÍTICAS PARA TRABALLAR CONXUNTAMENTE DENDE O CONCELLO POR UN TRANSPORTE DE CALIDADE.


Unha vez máis vemos que se o pobo actua unido, conséguense resultados. Neste momento traballamos ultimando os detalles para realización do II Foro participativo de Transporte en Gondomar, e a elaboración do I Foro participativo de medio ambiente, tamén xornadas de formación cidadá.Nas vindeiras semanas publicitaremos os nosos actos para o meses de Novembro-Decembro.

POR UNHA POLÍTICA TRANSPARENTE E PARTICIPATIVA. QUE NON DECIDAN POR TÍ!

Josué Villar , Coordinador local EU-Gondomar.

Deixar un comentario