ESQUERDA UNIDA GONDOMAR MANTIVO UNHA XUNTANZA COS AFECTADOS POLO “TANQUE DE TORMENTAS” PARA ANALIZAR A SITUACIÓN PRESENTE E FUTURA Á QUE SE ENFRONTAN OS VECIÑOS E VECIÑAS DA LOCALIDADE

Na reunión, mantida durante o pasado Venres, participaron a deputada do grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, Eva Solla, o responsable de organización de EU-Gondomar Borja Nande, o membro da executiva comarcal de Vigo, Adrián Pinacho e o representante de EQUO no Val Miñor, Oscar Milego. Por parte dos afectados estiveron catro representantes do movemento “Merda fora de Gondomar”, entre eles o vicepresidente da comunidade de veciños do edificio “As garzas”.

Reunión cos veciños/as afectados/asEU-Gondomar xa deixara clara a súa postura de reixeitamento a esta construción, debido a opacidade da administración pública, tanto da Xunta coma do concello, e ao imcumprimento da lei que obriga a empresa Augas de Galicia a informar as asociación medioambientais que o soliciten, como Salvemos Monteferro. EU-Gondomar fai un chamamento á cidadanía para participar na protesta da plataforma de afectados,  xa que enténdese que o saneamento en Gondomar é un problema importante que atinxe a toda a xente da vila.

EU-GONDOMAR, A FAVOR DA PARALIZACIÓN INMEDIATA DO “TANQUE DE TORMENTAS”.

Esquerda Unida Gondomar esixe a paralización da obra ate que se esclareza o proxecto actual do chamado “tanque de tormentas”.O escurantismo e silencio administrativo que se está a suceder por parte do concello e da Xunta, desencadeou nunha resposta veciñal que se conferiu en forma de plataforma cidadá que busca unha solución axeitada para esta situación.

Mostra desta desinformación é o caso da plataforma medioambiental Salvemos Monteferro, que solicitou a Augas de Galicia, no mes de setembro, todo o material relacionado có devandito proxecto e non obtivo resposta, incumprindo as leis 30/1992 e 27/2006 que regulan o proceso administrativo e o dereito de acceso a información medioambiental, respectivamente.

Por parte da executiva do goberno local, e en palabras do seu alcalde e dos técnicos de Augas de Galicia, este tanque de tormentas acumulará o exceso de caudal de augas contaminadas que transporta a rede de saneamento á depuradora. Con isto sobreenténdese que esta estrutura almacenará tanto augas pluviais coma fecais e industriais, debido a rede de saneamento unitaria existente, pasando de ser un tanque de tormentas a ser unha fosa séptica situada na entrada da vila e ó carón tanto dunha urbanización coma da ribeira do río Miñor, plantexando así un perigo medioambiental e sanitario para os veciños e veciñas de Gondomar.

ESQUERDA UNIDA DE GONDOMAR tamén sorpréndese da rapidez con que se iniciaron as obras e as presas por que estas rematen. Non se entende que tanto a administración local coma a autonómica non traten de xeito
adecuado unha situación que pode chegar a derivar nun desastre natural e ecolóxico para toda a zona do Val Miñor, sobre todo cando se produzan as crecidas do río Miñor, que se suceden anualmente na localidade, máis os problemas de saúde que poden orixinarse, a partires da acumulación de residuos altamente tóxicos, na poboación local.

Dende EU Gondomar pénsase que a solución deberá ir ligada a un plan de adecuación da actual depuradora, a cal non está preparada para tratar os diferentes tipos de augas residuais que son verquidos no río Miñor, e da rede de saneamento único. No caso de ser necesaria a construción dun tanque de tormentas, que debera ser emprazado fora do casco urbano, en lugar dunha fosa séptica de acumulación de residuos diante dun complexo de vivendas, resultante do plantexamento actual do proxecto.

AGE PREGUNTA Á XUNTA POLO IMPACTO DO NOVO “TANQUE DE TORMENTAS” DE GONDOMAR

Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través da súa deputada Eva Solla, preguntará no Parlamento polo impacto ambiental dun novo tanque de tormentas que se instalará en Gondomar, entre o río Miñor e a urbanización La Garza. Solla amósase preocupada por unha infraestrutura destinada a recoller augas pluviais que corren o risco de resultar contaminadas pola depuradora municipal. “É coñecida a mala formulación da depuradora de augas residuais do municipio”, sinala na argumentación da pregunta (no documento anexo), “porque mestura augas fecais, pluviais e industriais e pode existir perigo de contaminación e salubridade ao chegar estas augas ao novo tanque”. Ademais, AGE tamén se interesará pola estación de bombeo, situada nunha ribeira do Miñor que, a xuízo de Solla, debera estar protexida.

A %d blogueros les gusta esto: