Os parques de Gondomar: “A outra cara da política”

Onte, Josué Villar, coordinador da Agrupación Local de Esquerda Unida Gondomar, denunciou no concello o abandono por parte do mesmo dos tres principais parques de Gondomar: P.da Coelleira, P.da Feira, e o P. das Ánimas.

Os tres parques, sofren un gran deterioro, máis o salientable é que no caso do Parque da Feira ningunha das tres fontes ten auga, pero a poucos metros destas, podemos observar dous escapes de auga. No parque das ánimas funciona unha de dúas, e no da Coelleira  a única fonte de auga da que dispoñen os cidadáns tampouco da auga.

Dende Esquerda Unida procedemos a solicitude para a tramitación da reparación destes desperfectos, xa que creemos que no século XXI que menos que ter as fontes con auga, e os parques listos para o seu uso cotidiá.

Agrupación local de Esquerda Unida de Gondomar.
A %d blogueros les gusta esto: