Presentación de Alternativa Galega de Esquerdas no Val Miñor


Este venres día 28 de setembro, ás 20hs, no Auditorio Municipal “Lois Tobío” de Gondomar, está convocada unha ASEMBLEA ABERTA a todo o Val Miñor da Alternativa Galega de Esquerdas. O obxectivo mesma é preparar de maneira conxunta e contando con todas as achegas posibles, a vindeira campaña eleitoral. O pluralismo coma de motor de cambio. Todas as mans, todas as ideas, todas as voces …..son necesarias para botar fóra de San Caetano, democraticamente, á “brigada de demolición” do PP que leva instalada alí dous anos e pico. NON FALTES!!!!!! DIFUNDE!!! Saúdos.

Ciudadano klinex: Primeiro programa de Salvados da temporada

Entrevista a Yolanda Díaz e Carlos Portomeñe

O 80% da militancia ratificou en referendo o proceso de coalición

A EXECUTIVA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA AFIRMA QUE O IMPORTANTE E A UNIDADE PARA ACADAR UN PROGRAMA DE ESQUERDAS ANTICAPILISTA QUE LIBEREE AOS GALEGOS E GALEGAS DA DITADURA DOS MERCADOS E OS RECORTES DO PP

O 80% DA MILITANCIA DE ESQUERDA UNIDA RATIFICA O PROCESO DE COALICIÓN NUN EXEMPLO DE DEMOCRACIA INTERNA E PARTICIPACIÓN

YOLANDA DÍAZ COORDINADORA NACIONAL DE ESQUERDA UNIDA AFIRMOU QUE “O APOIO MASIVO DA NOSA MILITANCIA ARROUPA E REAFIRMA A NOSA APOSTA POLA XENEROSIDADE PARA DERROCAR AO GOBERNO DE FEIJÓO AGORA E RAJOY NUN FUTURO INMEDIATO”

Onte xoves 13 de setembro, Esquerda Unida celebrou un referendo entre a súa militancia para ratificar o acordo de coalición electoral técnica alcanzado entre Esquerda Unida e Anova, denominada Alternativa Galega de Esquerdas.

O 80% da militancia de Esquerda Unida ratifica o proceso de coalición nun exemplo de democracia interna e participación, que contrasta cos procesos doutras organizacións onde as cúpulas fan caso omiso as decisións acadadas polas bases e xogan cos postos das listas como si de cromos se tratase. Así EU demostra unha vez máis a súa aposta decidada pola democracia real, a participacion cidadá e a coherencia, porque que mellor maneira que defender a democracia participativa que desenvolvendoa no interior da propia organización.

Este referendo reflicte o modus operandi da organización, un exercicio de democracia e transparencia en todo o proceso. A participación e decisión das bases e a aceptación e respeto dos resultados acadados son o exemplo de funcionamento horizontal na toma de decisións.

Ao longo de o día de onte, EU culminaba o proceso no que está inmersa dende hai semanas, así os resultados da consulta as bases que obtivo unha grande éxito participativo con preto do 70%, traducíronse en porcentaxes de apoio ao proceso de coalición, 78,7% de votos a favor 12,8 de votos en contra e 8,5% de votos en branco.

Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, afirmou que “o apoio masivo da nosa militancia arroupa e reafirma a nosa aposta pola xenerosidade para derrocar ao goberno de Feijóo, agora e Rayoi nun futuro inmediato”.

Yolanda Díaz subliñou que para derrocar ao PP desenvolveremos todos os procesos necesarios na procura da unidade, por iso non tive ningún problema en renunciar ao primeiro posto pola Coruña.

Neste Sentido, o responsábel de Comunicación indicou que “síntome orgulloso da miña coordinadora nacional pola súa valentía e xenerosidade, da súa capacidade de sacrifico para poñerse ao servizo do pobo galego e defender ás familias traballadoras.

A executiva nacional de Esquerda Unida afirma que o importante e a unidade para acadar un programa de esquerdas anticapilista que liberee aos galegos e galegas da ditadura dos mercados e os recortes do PP.

Alberto Garzón, hoxe no Congreso

Vídeo do debate de Alberto Garzón co ministro De Guindos, hoxe no Congreso:

O Consello Político Nacional a favor dun acordo con outras forzas para formar unha fronte anticapitalista

O Consello Político Nacional de Esquerda Unida aprobou por maioría levar a cabo unha coalición técnica con todas as forzas que queiran participar na fronte anticapitalista.

Por cuestións de tempo e prazos electorais, Esquerda Unida formalizará unha coalición técnica para ter marxe de cara á consulta das bases. A convocatoria de Feijóo, no último día de prazo con respecto ás eleccións vascas, provocou unha redución de marxe para levar a cabo en tempo todos os contactos precisos para que a esquerda anticapitalista culmine nunha fronte hexemónica tan demandada pola cidadanía. A pesares del elo, é vontade de Esquerda Unida pular polo consenso da esquerda, polo que procuramos unha ferramenta que impida que o tempo sexa impedimento de desenvolver unha fronte ampla de esquerdas que sexa quen de derrotar as forzas sistémicas PP e PSOE.

As bases de Esquerda Unida decidirán en referendo a alianza con ANova. Serán as bases de Esquerda Unida as que teñan a última palabra en todo este proceso de contactos e acordos entre diferentes organizacións que se precipitou pola convocatoria anticipada de eleccións. O proceso de debate en Esquerda Unida está aberto e culminará o 13 de setembro coa celebración de referendo.

Esquerda Unida apela á construción dunha fronte anticapitalista e de esquerdas que responda á demanda da maioría social. É vontade de Esquerda Unida articular un novo suxeito política e social ao servizo da cidadanía.

A %d blogueros les gusta esto: