As mareas verdes non se dan por vencidas

Dende Esquerda UnEscola publicaida Gondomar queremos destacar o gran traballo que se está a realizar por parte das Mareas Verdes en favor e en defensa da educación pública. A constancia que están a demostrar vai supoñer sen ningún xénero de dúbidas a consecución do seu obxectivo principal “educación pública e de calidade”.

 

As xornadas celebradas en Panxón os pasados días 16, 17, e 18 demostran ás claras esta constancia e que a pesar das dificultades que se están a poñer tódolos días dende o goberno, segue habendo persoas dispostas a poñelo moi difícil e non permitir que “se saian coa súa”. Pola información de que dispoñemos, consideramos que os obxectivos principais que se formulaban para estas xornadas se cumpriron (propoñer solucións e alternativas, especificar que educación queremos e queremos construír e activar á cidadanía) e, aínda que queda un longo camiño que percorrer, van supoñer un paso importante para a consecución do obxectivo final.

Seguir lendo

A %d blogueros les gusta esto: