Esquerda Unida Gondomar e o colexio “Rodríguez Márquez”.

Hoxe, 30 de setembro de 2010, a Agrupación Local de Esquerda Unida Gondomar solicitou por rexistro ó concello dignificar o antigo colexio “Rodríguez Márquez” de Gondomar, no que actualmente realízanse actividades formativas e sociais.

O estado do centro é lamentable; Ventás rotas, portas rotas, acumulación de material municipal nos pasillos, montículos de basura acumulada, e portas sen ningún tipo de pechadura ou semellante, co risco que supón para o material alí gardado, tanto por parte do concello, coma dos participantes dos cursos.

Outra vez máis a nosa solicitude non require de moitos custes por parte do concello, nin unha excesiva vontade política. Por outra banda, decir que sobre as queixas presentadas polo mal estado das fontes no concello, tán só reparouse a fonte situada fronte a sede do PP, cousas que ten a vida…

Josué Villar , Coordinador local EU-Gondomar.
A %d blogueros les gusta esto: