GAZAS A TOD@S

A agrupación o completo quere dar as grazas ós 424 votantes que nos apoiaron.Nos quedamos sen concelleiro por 0.1%, froito deste inxusto sistema electoral, que fai necesario acadar nas eleccións municipais un mínimo do 5% dos votos emitidos.

Valoramos os resultados como moi bos,sobre todo sabedores dos poucos medios que tíñamos a nosa disposición.Grazas a todos polo voso apoio, e grazas tamén por axudarnos a crer.

Josué Villar.Coordinador local EU-Gondomar.

ACTO CIERRE DE CAMPAÑA:

Este Venres en la casa da cultura de gondomar, ás 20:30 horas, cerraremos a campaña cun acto que contará coa presenza do monologuista Benito Guerreiro no show “¿Qué é a política?”.

Acto seguido explicaremos o programa e abriremos o debate ao público.

Acompañanos. Fagamos historia en Gondomar!!!

O 22 de Maio, Vota Esquerda Unida Gondomar!!

“Máis vale caminar descalzo, que roubando zapatillas”.

Saúde.

Josué Villar Ballesteros, Coordinador local de EU-Gondomar.

PROGRAMA EU-GONDOMAR.2011.

DEMOCRACIA PARTICIPATIVA:

1.Esixencia dunha declaración semestral de bens dos cargos electos.
2.Potenciación das competencias do Pleno municipal.
3.Acceso á información municipal por parte da cidadanía. Realización de trámites vía web.
4.Orzamento participativo, con partidas para as parroquias.
5.Plans integrais de participación cidadá, co desenvolvemento de foros cívicos (Axenda 21) e consellos municipais sectoriais.
6.Realización de audiencias públicas periódicas sobre temas de interese xeral: urbanismo, orzamento, etc.
7.Posta en práctica de experiencias participativas de deseño de espazos públicos.
8.Transparencia na información sobre actividades, obras e servizos municipais.

EMPREGO E FINANCIAMENTO MUNICIPAL

9.Recuperación dos sectores económicos en risco de desaparecer, fomentando o autoemprego, o cooperativismo e a economía social.
10.Creación dun plan de desenvolvemento da agricultura ecolóxica e a industria derivada, con mercados de produtores e comercio local.
11.Apoio ás pequenas empresas e autónomos locais nas licitacións das administracións públicas.
12.Fomento das empresas públicas.
13.Creación dun banco de tempo.
14.Redución do 35% das retribucións do alcalde e d@s concelleir@s con adicación exclusiva e un 15% para adicacións parciais e asistencia a plenos.
15.Progresividade nas taxas e prezos públicos.
16.Bonificacións no IBI para as familias máis desfavorecidas e incremento para vivendas desocupadas.

MEDIO AMBIENTE E TRANSPORTE

17.Creación dunha oficina municipal medioambiental, con persoal cualificado para a análise e planificación estratéxica de políticas.
Establecemento de medidas que potencien a redución, reutilización e reciclaxe de residuos. Aposta pola compostaxe.
18.Apoio ás enerxías renovables, defensa do modelo de produción para o autoconsumo.
19.Defensa do monte Galiñeiro, como patrimonio natural do Concello.
20.Elaboración dun Plan de Mobilidade Sostible entre os tres concellos da Mancomunidade.
21.Gratuidade da autopista para o Val Miñor.
22.Negociación dun billete único a Baiona e mellora do transporte interparroquial. Recuperación do Noitebús.

URBANISMO E INFRAESTRUTURAS

23.Garantizar a implantación do PERI para o polígono da Pasaxe.
24.Aumento dun mínimo do 20% da vivenda de protección oficial.
25.Construción dunha beirarrúa na estrada Couso-Vincios.
26.Integración da comunidade de aguas de Vilaza na rede municipal.

EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTES
27.Plan municipal de medidas específicas para o éxito escolar con apoio ao alumnado que presente dificultades de aprendizaxe.
28.Facilitar recursos orientados a potenciar a educación en valores, a educación para a saúde, para o consumo, etc.
29.Fomento dun modelo de ocio crítico e creativo, afastado do consumismo cultural imperante.
30.Ampliación da biblioteca, con dotación de persoal e orzamento propio. 31.Declaración de Gondomar como 1ª Vila do Libro de Galicia.
32.Dotación dun espazo público como local de ensaio para os grupos musicais de Gondomar.
33.Diversificación da oferta deportiva. Construción dunha pista de atletismo e uso libre do polideportivo municipal e o campo de fútbol de As Cercas.

SERVIZOS E POLÍTICAS SOCIAIS

34.Incremento da partida orzamentaria de servizos sociais, que serán accesibles para todas as persoas empadroadas.
35.Fomento da Mancomunidade para a mellor prestación de servizos sociais.
36.Desenvolvemento do servizo de teleasistencia para persoas maiores. Creación dunha residencia pública e centros de día.
37.Consolidación da Concellería de Igualdade. Plan integral contra a violencia de xénero.
38.Dotación de espazos públicos para que as asociacións de mulleres, moz@s, maiores, etc. leven a cabo a súa actividade.

Esquerda Unida defenderá as propostas de Espazo Lectura.

A candidatura de Esquerda Unida reuniuse onte coa directiva da asociación de Espazo Lectura na Casa da Lectura de Donas. Logo de contarnos algo da historia e do traballo que levan feito ata o de agora, falamos das seis propostas que remitiron aos grupos políticos de Gondomar. Esquerda Unida apoiou todas as propostas e expresou o seu desexo de que poidan saír adiante, sexa cal sexa o resultado das eleccións. Espazo Lectura ten acadado varios premios en todo o estado e a súa actividade é un exemplo do que na nosa organización defendemos como modelo de cultura: a implicación directa da sociedade nas iniciativas mediante asociacións.
As propostas de Espazo Lectura pódense consultar no seguinte enlace:

http://espazolectura.blogspot.com/

Eleccións Municipais 2011.

Presentación da candidatura, EU-Gondomar 2011.

DÍA:Sábado 7.
LUGAR: Casa da cultura de Gondomar (edificio da biblioteca).
HORA: 20:30h.

Delvino Domínguez, Resp. organización de EU-Gondomar.

Foro Aberto en Chaín.

Este venres 6 de Maio,ás 20:30h, terá lugar no centro cultural de Chaín un foro aberto, no que daremos explicacións do traballo realizado pola Agrupación neste último ano.

Delvino Domínguez, Responsable de Org. EU-Gondomar.

A %d blogueros les gusta esto: