Pola transparencia e a igualdade de trato aos veciño de Gondomar

Vias e obras 2

Esquerda Unida Gondomar condena o procedemento caciquil e arbitrario na resolución dos problemas dos vecinos de Gondomar que precisan da intervención directa da maquinaria e operarios de obra do concello.

É canto menos sorprendente que sexa o concelleiro correspondente, neste caso o de vías e obras, quen decida cando e como se solucionan cada unha das incidencias que os vecinos de Gondomar notifican polo rexistro do concello.

Isto leva consigo que o concelleiro correspondente poida decidir a que veciños se lle arranxan os problemas de xeito inmediato, e cales teñen que esperar eternamente a que os seus problemas se solucionen.

Todo isto sen un documento escrito que acepte ou desestime cada solicitude concreta , como pode ocorrer no caso de solicitudes referentes a actuacións urbanísticas e outros departamentos.

Temos constancia de casos de vecinos que levan esperando máis dun ano por unha intervención do concello en materia de obras e pequenos arranxos nos activos públicos municipais, mentres que outros vecinos co mesmo problema xa o teñen solucionado dende o primeiro día, e isto nos leva a sospeitar do xeito en que se priorizan as obras e reparacións no municipio.

O concello pasa completamente de respostar a múltiples solicitudes que os vecinos fan por escrito, polo que queda constancia da solicitude no rexitro de entrada, pero non queda por escrito a contestación do concello en canto a aceptación o rexeitamento da mesma, tampouco o día que a administración pretende dar resposta os problemas plantexados.

Dende Esquerda Unida defendemos un modelo de xestión municipal de obras transparente e en igualdade de condicións entre tódolos vecinos, e pretendemos que toda solicitude que requira da intervención do concello neste senso quede ordeada por orde cronolóxica nunha listaxe de obras e reparacións municipais.

Por outra banda, para os casos onde a solución do problema concreto supere a capacidade do concello, pensamos que o mínimo é respostar ao veciño correspondente co motivo polo cal a administración local non pode solucionar ese problema concreto.

Deste xeito, tódolos vecinos parten en igualdade de condicións á hora de gozar da axuda da administración de Gondomar, priorizando en orde temporal ás diferentes solicitudes, e respostando por escrito as mesmas, tamén por orde cronolóxico.

Instamos ó alcalde, e ós grupos da oposición a que vía moción en pleno, procedan a plantexar e dar resposta a tal inxustiza, e que se establezan mecanismos que garanticen a igualdade de trato e a transparencia na resolución dos problemas cotiás que afrontan ós vecinos, garantizando resposta por escrito ás devanditas solicitudes.

Josué Villar Ballesteros. Coordinador Local EU-Gondomar.

ENLACES RELACIONADOS:

Baiona TV

Valminor.info

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: