Arquivado en: Noticias,Vídeos | Etiquetado: Cayo Lara,Izquierda Unida,Folga Xeral,La Tuerka,29M | Deixar un comentario »
Arquivado en: Noticias,Vídeos | Etiquetado: Cayo Lara,Izquierda Unida,Folga Xeral,La Tuerka,29M | Deixar un comentario »
Co obxectivo de aumentar a participación ciudadá na xestión do goberno local, Esquerda Unida de Gondomar pretende baixar do 15% ao 3% o números de veciños necesarios para exercer o dereito de Iniciativa Popular no ámbito municipal. A iniciativa foi presentada formalmente na pasada xornada ao alcalde Fernando Guitián, quen comprometeuse a estudar a moción e dar unha respota, segundo informou Delvino Domínguez, coordinador local de EU. A proposta de regulamento do exercicio da iniciativa popular, inclúe o ámbito parroquial, cun requisito neste caso do 5% do último censo electoral na devandita parroquia. A partir desta xornada, EU comezará unha rolda de conversacións co resto das agrupacións municipais de Gondomar, a fin de buscar apoios á moción.
Na actualidade unha iniciativa popular no concello de Gondomar require próximo a 1.800 firmas de veciños para que poida chegar a ser tratada polo pleno da corporación municipal, sen que pase necesariamente por unha das agrupacións políticas con representación no mesmo. De levarse a cabo o proxecto de regulamento proposto por EU, bastaría con pouco máis de 350 sinaturas de veciños.
Segundo Delvino Domínguez, “Unha das bases principais do programa electoral que EU Gondomar presentou nas pasadas Eleccións Municipais é a participación real e efectiva dos cidadáns, entendendo a democracia como algo máis que o exercicio de emitir un voto cada catro anos.”
A proposta
“A nosa proposta baséase en dúas cuestións principais, por un lado a posibilidade de presentar iniciativas avaladas polo 3% de firmas do censo das últimas eleccións municipais para os temas pertencentes ao ámbito municipal e o 5% para temas que afecten ao ámbito da parroquia, e por outro a posibilidade de expoñelas e defendelas no Pleno”, explicou Domínguez. O coordinador local tamén salientou que “é importante que se establezan garantías para que estas iniciativas populares sexan de doada execución, non queden nun caixón e sexan tratadas no Pleno nun prazo prudencial.”
A actual normativa
O dereito de iniciativa popular nos gobernos locais está rexido polo artigo nº70 da lei Reguladora de las Bases del régimen Local (7/1985), a que esixe para as poboacións entre 5.001 a 20.000 habitantes, que estas iniciativas sexan subscritas por un 15% dos veciños inscritos no derradeiro censo electoral do municipio.
A mesma norma ordena aos Concellos no seu artigo nº 69, “establecer y regular en normas de carácter orgánico procedimientos y órganos adecuados para la efectiva participación de los vecinos en los asuntos de la vida pública local, tanto en el ámbito del municipio en su conjunto como en el de los distritos, en el supuesto de que existan en el municipio dichas divisiones territoriales.” Nese senso, EU solicita que tamén o futuro regulamento inclúa o dereito de iniciativa popular para temas parroquiais.
Finalmente, Domínguez manifestou que “Non ter conseguido representación no Concello non nos permite sacar adiante esta cuestión tan importante para nós, polo que solicitamos dos partidos políticos que si o poden facer que o fagan e que permitan que os cidadáns de Gondomar poidan presentar iniciativas para que sexan debatidas no pleno”.
http://valminor.info/gondomar/4156-eu-presentou-unha-proposta-para-fornecer-a-iniciativa-popular-nos-temas-municipais-de-gondomar
Arquivado en: Uncategorized | Deixar un comentario »
Arquivado en: Uncategorized | Deixar un comentario »
Arquivado en: Actos,Noticias | Etiquetado: Delvino Domínguez,Eleccións,Esquerda Unida,Gondomar,Nuria Andión,Rubén Pérez,Xerais 2011 | Deixar un comentario »
A agrupación o completo quere dar as grazas ós 424 votantes que nos apoiaron.Nos quedamos sen concelleiro por 0.1%, froito deste inxusto sistema electoral, que fai necesario acadar nas eleccións municipais un mínimo do 5% dos votos emitidos.
Valoramos os resultados como moi bos,sobre todo sabedores dos poucos medios que tíñamos a nosa disposición.Grazas a todos polo voso apoio, e grazas tamén por axudarnos a crer.
Josué Villar.Coordinador local EU-Gondomar.
Arquivado en: Uncategorized | Deixar un comentario »
ACTO CIERRE DE CAMPAÑA:
Este Venres en la casa da cultura de gondomar, ás 20:30 horas, cerraremos a campaña cun acto que contará coa presenza do monologuista Benito Guerreiro no show “¿Qué é a política?”.
Acto seguido explicaremos o programa e abriremos o debate ao público.
Acompañanos. Fagamos historia en Gondomar!!!
O 22 de Maio, Vota Esquerda Unida Gondomar!!
“Máis vale caminar descalzo, que roubando zapatillas”.
Saúde.
Josué Villar Ballesteros, Coordinador local de EU-Gondomar.
Arquivado en: Actos | Deixar un comentario »
DEMOCRACIA PARTICIPATIVA:
1.Esixencia dunha declaración semestral de bens dos cargos electos.
2.Potenciación das competencias do Pleno municipal.
3.Acceso á información municipal por parte da cidadanía. Realización de trámites vía web.
4.Orzamento participativo, con partidas para as parroquias.
5.Plans integrais de participación cidadá, co desenvolvemento de foros cívicos (Axenda 21) e consellos municipais sectoriais.
6.Realización de audiencias públicas periódicas sobre temas de interese xeral: urbanismo, orzamento, etc.
7.Posta en práctica de experiencias participativas de deseño de espazos públicos.
8.Transparencia na información sobre actividades, obras e servizos municipais.
EMPREGO E FINANCIAMENTO MUNICIPAL
9.Recuperación dos sectores económicos en risco de desaparecer, fomentando o autoemprego, o cooperativismo e a economía social.
10.Creación dun plan de desenvolvemento da agricultura ecolóxica e a industria derivada, con mercados de produtores e comercio local.
11.Apoio ás pequenas empresas e autónomos locais nas licitacións das administracións públicas.
12.Fomento das empresas públicas.
13.Creación dun banco de tempo.
14.Redución do 35% das retribucións do alcalde e d@s concelleir@s con adicación exclusiva e un 15% para adicacións parciais e asistencia a plenos.
15.Progresividade nas taxas e prezos públicos.
16.Bonificacións no IBI para as familias máis desfavorecidas e incremento para vivendas desocupadas.
MEDIO AMBIENTE E TRANSPORTE
17.Creación dunha oficina municipal medioambiental, con persoal cualificado para a análise e planificación estratéxica de políticas.
Establecemento de medidas que potencien a redución, reutilización e reciclaxe de residuos. Aposta pola compostaxe.
18.Apoio ás enerxías renovables, defensa do modelo de produción para o autoconsumo.
19.Defensa do monte Galiñeiro, como patrimonio natural do Concello.
20.Elaboración dun Plan de Mobilidade Sostible entre os tres concellos da Mancomunidade.
21.Gratuidade da autopista para o Val Miñor.
22.Negociación dun billete único a Baiona e mellora do transporte interparroquial. Recuperación do Noitebús.
URBANISMO E INFRAESTRUTURAS
23.Garantizar a implantación do PERI para o polígono da Pasaxe.
24.Aumento dun mínimo do 20% da vivenda de protección oficial.
25.Construción dunha beirarrúa na estrada Couso-Vincios.
26.Integración da comunidade de aguas de Vilaza na rede municipal.
EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTES
27.Plan municipal de medidas específicas para o éxito escolar con apoio ao alumnado que presente dificultades de aprendizaxe.
28.Facilitar recursos orientados a potenciar a educación en valores, a educación para a saúde, para o consumo, etc.
29.Fomento dun modelo de ocio crítico e creativo, afastado do consumismo cultural imperante.
30.Ampliación da biblioteca, con dotación de persoal e orzamento propio. 31.Declaración de Gondomar como 1ª Vila do Libro de Galicia.
32.Dotación dun espazo público como local de ensaio para os grupos musicais de Gondomar.
33.Diversificación da oferta deportiva. Construción dunha pista de atletismo e uso libre do polideportivo municipal e o campo de fútbol de As Cercas.
SERVIZOS E POLÍTICAS SOCIAIS
34.Incremento da partida orzamentaria de servizos sociais, que serán accesibles para todas as persoas empadroadas.
35.Fomento da Mancomunidade para a mellor prestación de servizos sociais.
36.Desenvolvemento do servizo de teleasistencia para persoas maiores. Creación dunha residencia pública e centros de día.
37.Consolidación da Concellería de Igualdade. Plan integral contra a violencia de xénero.
38.Dotación de espazos públicos para que as asociacións de mulleres, moz@s, maiores, etc. leven a cabo a súa actividade.
Arquivado en: Uncategorized | Deixar un comentario »
A candidatura de Esquerda Unida reuniuse onte coa directiva da asociación de Espazo Lectura na Casa da Lectura de Donas. Logo de contarnos algo da historia e do traballo que levan feito ata o de agora, falamos das seis propostas que remitiron aos grupos políticos de Gondomar. Esquerda Unida apoiou todas as propostas e expresou o seu desexo de que poidan saír adiante, sexa cal sexa o resultado das eleccións. Espazo Lectura ten acadado varios premios en todo o estado e a súa actividade é un exemplo do que na nosa organización defendemos como modelo de cultura: a implicación directa da sociedade nas iniciativas mediante asociacións.
As propostas de Espazo Lectura pódense consultar no seguinte enlace:
http://espazolectura.blogspot.com/
Arquivado en: Noticias | Deixar un comentario »
Arquivado en: Uncategorized | Deixar un comentario »
DÍA:Sábado 7.
LUGAR: Casa da cultura de Gondomar (edificio da biblioteca).
HORA: 20:30h.
Delvino Domínguez, Resp. organización de EU-Gondomar.
Arquivado en: Actos | Deixar un comentario »